miércoles, 17 de junio de 2009

Leite Fritido (Galicia)



INGREDENTES

  • 1 litro de leite
  • sal
  • 1 cullerada de azucre
  • canela en rama
  • corteza de limón
  • ovos
  • fariña
  • aceite
  • canela en pó e azucre
MODO DE FACELO
  1. Apartamos un vaso de leite.
  2. Poñemos a ferver o resto do leite, unha pizquiña de sal, o azucre, a canela en rama e a corteza de limón.
  3. O leite que apartáramos batémolo con 7 culleredas ben colmadas de fariña e un ovo. Que non quede grumos.
  4. Engadímolo á outra mestura cando comece a ferver e remexemos ben. Sacamos a canela en rama e a corteza de limón, seguimos remexendo ata que espese e se desprenda ben das paredes da pota.
  5. Embarcamos nunha bandexa, a ser posibel cadrada.
  6. Deixamos enfriar.
  7. Cando se despeque ben a masa da bandeza corámola en cadradiños.
  8. Pasamos por fariña e ovo e fritimos.
  9. Na sartén, pódeselle botar un anaco de corteza de limón e dalle un saborciño a limón.
  10. Espolvoreamos con azucre e canela pó.

Agardamos que vos guste.

A pinche Sabela, a cociñeira Yolanda e a segunda pinche Ana Belén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario