Mercedes: Eu son de Combarro (Poio), nacín alí, pero son de Monte Porreiro.
P: Como chegaches a Arxentina? Coñecías a alguén, algún familiar que emigrara alí?
Mercedes: Cheguei a Arxentina no 1957 e foi porque meu pai estaba traballando alí e a través dun convenio que había entre Franco e Arxentina para reunir a familias emigrantes eu fun a Arxentina coa miña nai para reunirnos có meu pai.
P: Por que estás aquí?
Mercedes: Eu estou aquí dende 1995 porque ó meu marido que é de Arxentina gustoulle moito España e propuso a idea de vir a vivir aquí . O falamos e decidimos viaxar acá coas nosas fillas.
P: Canto tempo levas en Galicia?
Uns 15 anos máis ou menos.
P: Por que elexiste o prato "Niños envueltos"?
Mercedes: Por que alí faciao moitas veces e dende que estou aquí o fago moito menos, así que pareceume boa idea facer o prato para que o probase a xente e saber a súa opinión.
P: Existe algún tipo de ritual có prato? Como é?
Mercedes: Non, o prato é comida cotiá, máis ben propio do mediodía.
P: Cando é adecuada face-la receita? Cal era a comida máis forte en Arxentina?
Non existe ningún ritual coa receita e a comida máis forte allá é ó mediodía, aínda que tamén a cea ás veces podía ser forte.
P: Que alimentos hai en Arxentina que non haxa aquí?
Os alimentos son os mesmos, máis ou menos. Aínda que alá se come máis carne e aquí máis pescado, por exemplo. Ademáis alá non se fai tanto frito como acá.
P: Cantas comidas facianse en Arxentina?
Mercedes: Desaiuno, mediodía (a comida máis forte igual que á noite), mediatarde (a iso das seis) e á noite.
P: Que prato galego gustache máis?
Mercedes: O cocido e tamén o caldo galego, pero o que máis o cocido que está riquisimo.
P: Que diferencias culturais atopas entre Arxentina e Galicia? Notas moita diferencia cultural?
Mercedes: Non sentido de notar moita diferencia cultural a verdade é que non. Quizáis que alí o trato persoal era moito máis suave.
E finalmente, sénteste integrada no barrio de Monte Porreiro cando voltaches de Arxentina?
Mercedes: Cando voltei noitei máis diferencia porque aquí a xente pareciame máis tosca como pasando de todo e que non se axudan uns a outros.
Moitas grazas Mercedes.
De nada, grazas a vós.
Ola Mercedes:
ResponderEliminarMoi bonita a túa entrevista.